Saltar ao contido

José Rúa Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Rúa Figueroa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1820 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1855 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político, xornalista Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJuan do Porto Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRamón Rúa Figueroa
Manuel Rúa Figueroa Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 10554 BNE: XX1519984 BUSC: rua-figueroa-jose-1820-1855

José Rúa Figueroa, nado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1820 e finado en Madrid o 22 de maio de 1855, foi un xornalista, revolucionario e escritor galego. Foi un dos pais do movemento provincialista en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago. Publicou alí o seu drama El arzobispo don Suero (1840), que a censura eclesiástica local impediu representar. Con Antonio Romero Ortiz fundou Santiago y a ellos (1842), periódico satírico de literatura e costumes, e xunto ó propio Romero Ortiz e Antolín Faraldo Asorey, El Porvenir (1845), que recollía os ideais do provincialismo galego. Participou na revolta de 1846, escribindo a súa historia en Madrid baixo o pseudónimo de Juan do-Porto.[1]

En Madrid interveu na revolta de 1848, dirixíndose logo á Coruña, onde foi encarcerado. Na prisión escribiu o drama inédito También por amor se muere. De novo en Madrid dirixiu o periódico progresista La Nación, e desde 1854 La Gaceta. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos costumistas sobre Galicia, como "La cascada de Toja", "Monte Furado" ou "Paso del Ulla en San Juan de Cova".

Interveu na revolución progresista de 1854, estando detido en diversos momentos. Resultou elixido deputado no Congreso en 1854 pola provincia da Coruña, morrendo no ano seguinte pouco despois de cumprir os trinta e cinco anos.[2]

  1. Martínez González, Xurxo (2015). La Oliva (1856-1857). Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento. (PDF). Universidade de Vigo. p. 61. 
  2. Fraga, Xosé A. (2021-05-23). "A familia do enxeñeiro de minas Ramón Rúa-Figueroa, parentes distantes de Emilia Pardo Bazán". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]